DÍA: Xoves 29 de outubro do 2020
HORA: 19:00 en primeira convocatoria. 19:15 en segunda convocatoria
A Asemblea será en formato mixto presencial e telemático.
ASISTENCIA PRESENCIAL:
No Salón de Usos Múltiples do CEIP Emilia Pardo Bazán.
Necesaria solicitude previa por correo a milnenos@gmail.com por motivo de aforos.
ASISTENCIA TELEMÁTICA:
A través da ferramenta Google Meet.
As admisións de solicitudes de conexión á videoconferencia serán entre as 18:50 e as 19:15.
Ligazón á videoconferencia: https://meet.google.com/nsg-etsm-ard
ORDE DO DÍA:
1.- Información da Xunta directiva sobre actividades realizadas, proxectos e adaptación ao COVID
2.- Comedor, madrugadores, campamentos e actividades extraescolares.
3.- Información sobre subvencións solicitadas e recibidas.
4.- Estado das contas do ANPA.
5.- Aprobación da convocatoria de eleccións para a renovación da directiva da ANPA Milnenos.
6.- Rogos e preguntas
O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr