Ampliación do prazo de presentación de candidaturas

Primeiro grazas a todos os que vos ofrecestes a axudar na nova directiva. Xa hai candidatos suficientes para garantir a continuidade do ANPA dous anos máis!

Por acordo da xunta directiva reunida o 23/02/2021, infórmase que o prazo de presentación de candidaturas amplíase ata o 5 de marzo. Aínda que non é un procedemento habitual, dadas as actuais circunstancias derivadas da alerta sanitaria, decídese por unanimidade ampliar o prazo se con iso conséguese evitar o trámite das votacións presenciais, dado que unha candidatura única permite a súa declaración directa a través dunha asemblea extraordinaria.

O prazo ampliarase ata o 5 de marzo, quedando o resto de datas da seguinte forma:

  • Do 8 de febreiro ao 5 de marzo : prazo de presentación de candidaturas.
  • 6 de marzo: publicación da lista provisional
  • 8 e 9 de marzo: prazo para presentar reclamacións.
  • 10 de marzo: publicación da lista definitiva.
  • Do 10 de marzo ao 2 de abril: campaña electoral (evítase se hai unha única candidatura integrada)
  • O resto de datas sen cambios.

Circular calendario electoral 2021 (en PDF)

Modelo de presentación de candidatura 2021 (en PDF

Publicacións populares deste blog

Colares de Zonchos

Novo aula de robótica grazas á colaboración de Indra

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S