Remitimos a convocatoria de asemblea xeral extraordinaria e a orde do día, lembrando como sempre a relevancia de asistir para implicarse na ANPA.
DÍA: Xoves 29 de abril do 2021
HORA: 19:00 en primeira convocatoria. 19:15 en segunda convocatoria
A Asemblea será en formato telemático a través da ferramenta Google Meet.
As admisións de solicitudes de conexión á videoconferencia serán entre as 18:50 e as 19:15.
Ligazón á videoconferencia: https://meet.google.com/mek-knti-ano
ORDE DO DÍA:
1.- Aprobación da nova directiva para o período 2021-2023
O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr