Accións e reclamacións á Consellería de Educación

Informamos que a folga prevista para o día 16 trasládase ao día 23 coincidindo co comenzo do curso na ESO.

Para o mércores 16 de setembro ás 19 horas, hai convocadas mobilizacións en diferentes puntos de todas as provincias a prol dunha volta segura ás aulas.

Sobra dicir que é moi importante ter en conta:

  • Respectar ás medidas de seguridade: distancia social de seguridade, máscaras.
  • As familias dos Concellos que teñen limitadas as reunións a 10 persoas, poden acudir ás mobilizacións; único requisito, concentracións en grupos de 10 persoas (pode haber 1000 persoas, agrupadas en 100 grupos de 10, por exemplo).
Queremos facervos partícipes, ademais, da iniciativa promovida por distintas ANPA de Secundaria da Coruña e área metropolitana que teñen serios problemas de espazo nas aulas e están a verse abocadas a rateos esaxeradas, desdobres en quendas de mañá e tarde e mamparas para separar ao alumnado. Situación por suposto que tamén están a vivir moitas outras ANPA e familias da provincia. Trátase de facer unha cadea de familias (alumnado/pais/nais) ás portas do respectivo IES, desde mañá e ata o inicio de curso, todos os días ás 19:00 da tarde, en sinal de protesta mentres non se articule unha solución axeitada para os nosos IES ateigados de estudantes. Comezarán mañá mesmo!
 
ESIXIMOS: ENSINO PRESENCIAL, REDUCIÓN DE RATIO, AUMENTO DE PROFESORADO, E POR SUPOSTO AS REIVINDICACIÓNS QUE SINALAMOS NO COMUNICADO DE CONFAPA.
 
NA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO. NIN UN PASO ATRÁS!!!

Comunicado CONFAPA de apoio á folga do profesorado en contra da improvisación

 


 

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

FESTA ENTROIDO 2024