Plantacións de árbores dirixidas a familias con nenos e nenas entre 6-12 anos

Dende a Concellería de Medioambiente do Concello da Coruña nos informan das plantacións de árbores dirixidas a familias con nenos e nenas entre 6-12 anos, que se celebrarán nos próximos días, por se fora de interese.

Nas plantacións farase un pequeno obradoiro coas familias participantes de 45 min de duración, e cada familia adoptará algunha das árbores que se planten.

Para participar, só hai que enviar cumprimentando a inscrición que se achega adxunta ao correo medioambiente@coruna.es

É importante que se indique a zona verde onde queren participar.
  • Parque de San Diego - Xoves, 5 de abril – ás 17.00
  • Praia das Lapas - Venres, 6 de abril – ás 17.00
  • O Ventorrillo - Sábado, 7 de abril – ás 12.00
  • Labañou - Xoves 12, de abril – ás 17.00
  • Xardíns Maestranza – Venres, 13 de abril – ás 17.00
  • Paseo do Parrote. Peirao das Ánimas - Sábado, 14 de abril – ás 12.00
Moitas grazas pola vosa participación

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S