Información sobre o peche de actividades extraescolares e exhibicións

As actividades do Concello rematarán o día 31 de maio (non resultando aplicable ao noso centro)

As actividades do Anpa continuarán ata o XOVES 21 DE XUÑO (incluído). O venres 22 non haberá actividades e preparase o colexio azul para o campamento de verán

As exhibicións de CLAUSURA (e partidos de pais/nais contra fillos/as en fútbol e baloncesto) serán nas seguintes datas, no horario habitual da clase:
  • Fútbol Iniciación: luns 18 de 16 a 17 hs
  • Fútbol Benxamín: mércores 20 de xuño, de 16 a 17h
  • Fútbol Alevín: mércores 20 de xuño, de 17 a 18h
  • Baloncesto: Partidos de pais/nais contra fillos/as: todas as categorías, venres 15 de xuño de 16 a 18 hs (BASKET INICIACIÓN de 4 a 5; BASKET BENXAMIN E ALEVIN de 5 a 6)
  • Badminton: pais/nais contra fillos/as, martes 19 de xuño de 16 a 17 hs
  • Ximnasia: Exhibición no pavillón deportivo, o xoves 21 de xuño ás 4:30 (NA PISTA CENTRAL)
  • Patinaxe: luns 18 de xuño de 16:00 a 18:00 para os grupos de luns e mércores 20 de xuño, de 16 a 18 hs para os grupos de Me/Ve
  • Teatro, Música divertida, Baile galego e Pandereta: mércores 20 de xuño no SUM de 16:30 a 17:30 hs
  • Baile moderno: martes 19 de xuño no horario da clase
  • Judo: exhibición o xoves 21 de xuño no patio cuberto de 16:15 a 18:00 hs (16:15 a 17:00 infantil LU/ME e grupo de MA/XO, de 17:15 a 18:00 grupo LU/ME de primaria)
  • Esgrima “Histórica” o mércores 20 de xuño, de 16 a 17 horas na pista exterior
  • Capoeira: Venres 15 de xuño de 4 a 6

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

FESTA ENTROIDO 2024