Pandeireta e baile moderno o 2 e 3 de maio

Cara a celebración da XXII Mostra de Actividades Culturais do Fórum Metropolitano, como xa vos avisaron os monitores, as actividades nas que participamos na mostra son as seguintes:
  • Pandeireta e baile tradicional: mércoles 2/05/2018, 18:15-19:15
  • Baile moderno infantil e primaria: xoves 3/05/2018, 17:00-18:00
Ese día as dúas actividades indicadas non se imparten, xa que o monitor e os alumnos estarán na Mostra facendo gala das súas dotes artísticas. Polo tanto, tende en conta:
  • Serán as nais e pais os que deben levar aos nen@s ao Fórum Metropolitano
  • Haberá que estar no recinto media hora antes da representación
  • En baile moderno non hai ningunha vestimenta especial
Normas xeráis
  • O público non poderá entrar ou saír do auditorio até a finalización do bloque, xa que o que se pretende é ver as actuacións que presentan outras ANPAS cos seus nenos e nenas, non só as do noso centro.
  • Por razóns de seguridade e en cumprimento da normativa vixente, non se permite a entrada dos carros de bebés ao auditorio, quedando na área de camerinos a cargo dos responsables da organización.
  • Cumprir os horarios establecidos en cada bloque, tendo en conta que cada ANPA ten que estar no vestíbulo do Forum 30 minutos antes do comezo da actuación.
  • Únicamente accederán aos camerinos os monitores e responsables das ANPAS
  • Os nenos e nenas non sairán do recinto de camerinos ata que finalice o bloque. Estarán acompañados da ANPA e o/a monitor/a correspondente, e serán entregados ás súas familias no vestíbulo de entrada.
Grazas a todos e esperamos que disfrutedes

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S