Normas de inscripción festa de Entroido 9 de febrero

DATA: 9 DE FEBREIRO Pavillón de Cocheras-Labañou (17:00 a 20:00)

1.- A inscrición na actividade da festa realizarase en primeiro lugar a través da aplicación informática a partir de mañana venres día 19 de xaneiro (buscando a palabra "entradas" localizarédelas rápidamente)
Hai 2 ACTIVIDADES NA QUE PODEN INSCRIBIRSE AS FAMILIAS.

Unha vez inscritos, enviarase un mail a cada Familia que servirá de entrada (identificará nominativamente e deberá levarse o día da festa) en función da modalidade elixida:
  • unha invitación que incluirá aos nenos/as socios e a un titor/a ou,
  • unha invitación que incluirá aos nenos/as socios e a DOUS titores/as
Se os titores que os acompañen á festa non fosen os designados na actualidade (pai/nai), debedes avisar ao Anpa por mail

Debido a que este curso o noso número de nenos/as socios excede de 470 (e máis de 800 pais/nais) e o aforamento do pavillón é inferior a 500, non poderán participar familias non socias nin doutros centros educativos

2.- O reparto de invitacións que queden tras a solicitude en liña realizarase por orde de chegada ao local do ANPA: o xoves 8 de febreiro no horario habitual do Anpa: xoves de 9 a 10

3.- O aforamento é limitado, polo que vos pedimos que recollades só as invitacións que ides utilizar. ESTE ANO AQUELES QUE OBTEÑAN ENTRADA E NON A USEN SEN AVISAR PREVIAMENTE AO ANPA, PASARÁN AO FINAL DA LISTA EN PRÓXIMOS EVENTOS

4.- Lembrade que está PROHIBIDO o USO DE SPRAYS, PETARDOS e SIMILARES dentro de todo o recinto. O seu uso implicará a expulsión inmediata do pavillón. Tamén está prohibido acceder a pista do pavillón con calzado que non sexa deportivo e/ou poida danar a pista do pavillón.

5.- AXUDADE A MANTER LIMPO O PAVILLÓN DURANTE A FESTA. Agradecémosvos a vosa colaboración para que o pavillón quede recollido e limpo ao finalizar a festa.

6.- O día da festa non se poderá aparcar no espazo diante do pavillón: o espazo estará ocupado polos vehículos da organización da festa.

Cartel gañador. Darase a coñecer unha vez finalizado o prazo de entrega dos traballos
Disfrace gañador. Darase a coñecer na parte final da festa

Voluntarios. Os que queiran colaborar como voluntarios antes e durante a festa poden remitir os seus datos a milnenos@gmail.com

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S