Saltar ao contido principal

Listados provisionais de bolsas de comedor

A próxima semana, a partir do día 27 de xuño, a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as estará dispoñible para a vosa consulta:
  • Nas oficinas dos rexistros municipais situados na Praza de María Pita, nº 1, no Fórum Metropolitano (Rúa Río de Monelos, nº 1) e no Centro Ágora (Lugar dá Gramela, nº 17).
  •  Nos taboleiros de anuncios dos Centros Cívicos Municipais.
  • Na dirección web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello (https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/infopublica?method=enter&edictos=true)
  • Na páxina web municipal da área dos servizos sociais municipais (www.coruna.es/serviciossociales) e No teléfono de información cidadá 010.

Na lista de excluídos/as indicaranse as familias ás que se lle require documentación, as que teñen a documentación completa, e as que teñen a bolsa denegada e o motivo da mesma.

Nos casos de requerimento da documentación, os interesados teñen un prazo máximo de 10 días hábiles para emendar a documentación requirida, advertíndoselle que, no caso de non facelo, teráselle por desistido/a da súa solicitude de bolsa de comedor para o curso 2018/2019.

Si, alguna familia non está de acordo cá denegación,  agora NON  é o momento de presentar alegacións. De presentalas estarían fóra de prazo. O momento de presentalas, será nun prazo de 10 días hábiles posteiores á publicación das listaxes predefinitivas.

Publicacións populares deste blog

ABERTO PLAZO SOCIOS E SOCIAS 2024/25

Xa está aberta a aplicación para facerse socios e socias para o vindeiro curso!  Lembramos que é requisito para utilizar os servizos que prestamos.  E se non precisas ningún servizo pero *si queres* mellorías no cole...   Xa sabes, faite soci@!!

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

FESTA ENTROIDO 2024

O vindeiro venres 9 de febreiro teremos a festa do entroido no pavillón dos Rosais para todas as familias Milnen@s e veciños. Para as familias socias que fagan a solicitude da invitación a través da aplicación, a entrada será de 1€ por adulto e de 0,50€ para a cativada. Terán que ensinala na entrada do recinto. Se non se ensina e para familias non socias, o prezo será de 2€ por adulto e 1€ por neno ou nena. (É obrigatorio que a cativada estea acompañada dunha persoa adulta. Unha persoa pode estar ao cargo de varios nenos e nenas). As entradas mercaranse directamente alí, no pavillón. Está totalmente prohibido comer e beber dentro do recinto. Serviremos chocolate e biscoito nunhas mesas que habilitaremos fora do pavillón. Non está permitida a entrada ao recinto sen calzado deportivo. Esperámosvos