Escola de Nais e Pais: obradoiro de disciplina positiva

Co comezo do novo curso, a Escola de Nais e Pais arranca de novo . Este ano imos tentar facer obradoiros de temáticas diferentes as do ano pasado, pero como non pode ser doutra maneira, xa que foi moi solicitado, o primeiro obradoiro que ofertaremos será de Disciplina Positiva.

Recordámosvos un pouco de que trata a DISCIPLINA POSITIVA. Ofrece respostas e ferramentas prácticas para dirixir os retos diarios dos nosos nenos cara momentos de aprendizaxe para a vida.
Baseada na amabilidade e a constancia, céntrase na procura de solucións e o manexo respectuoso das emocións por que ensina e motiva ós nenos a que descubran as súas propias capacidades. Aporta un clima de cooperación nos fogares e nas aulas e guía ós nenos no desenvolvemento de habilidades como o autocontrol, a resolución de conflitos, a empatía e a tolerancia, o respecto por si mesmos e os demais, etc.

A poñente será María Soto, facilitadora certificada pola Positive Discipline Association, membro de Disciplina Positiva España e fundadora de EDUCA BONITO EN DISCIPLINA POSITIVA

Comenzaremos cunha charla informativa que terá lugar o venres 19 de outubro de 18:00h a 20:00h no salón de usos múltiples (S.U.M) do colexio, onde María Soto nos explicará en que consiste a Disciplina Positiva e nos invitará a participar no obradoiro que se levará a cabo en dous días:

  • Venres 26 de outubro: de 16:00 a 20:00h. no S.U.M. da escola.
  • Sábado 27 de outubro: de 10:00 a 14:00h. no aula de cociña do C.C. Os Rosais.

As inscricións tanto da charla informativa como do obradoiro son gratuitas para todos os socios e deberedes facer a incrición online a través da aplicación do ANPA.

Recordarvos tamén que, como o curso pasado, haberá o servizo de canguros gratuíto para todos os pais e nais que o soliciten.

Animádevos a participar!!!

Máis información: http://educabonito.blogspot.com.es/
Inscricións: http://milnenosgalego.blogspot.com/p/escola-de-nais-e-pais.html


Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

FESTA ENTROIDO 2024