VI edición dos Xogos Escolares

A Concellaría de Cultura, Deporte e Coñecemento convoca a VI edición dos XOGOS ESCOLARES.

O Xogos Escolares son torneos deportivos dirixidos ao alumnado desde 2º de Educación Primaria até ESO de centros educativos da cidade, e teñen como obxectivo xeral incluír a competición como parte da formación e do desenvolvemento deportivo e persoal do alumnado.

Para a edición do curso 2018/2019, que se realizará dende novembro de 2018 a abril de 2019, os Xogos Escolares contarán coas seguintes modalidades deportivas:

  • Baloncesto (Primaria)
  • Balonmán (Primaria)
  • Tenis (Primaria)
  • Xadrez (Primaria)
  • Hockey Sala (Primaria e Secundaria)
  • Atletismo (Primaria e Secundaria)
  • Esgrima (Primaria)
  • Rugby (Primaria e Secundaria)
  • Fútbol Gaélico (Secundaria)


INSCRICIÓN DO ALUMNADO
Prazo de inscrición: Do 9 de outubro ata o 5 de novembro de 2018, a través da web www.coruna.es/deportes

MÁIS INFORMACIÓN
Servizo Municipal de Deportes. xogosescolares@coruna.es  ou no teléfono 981 189 800 Ext. 25037 / 25038

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

FESTA ENTROIDO 2024