Escola de Nais e Pais: menores e internet (22 de novembro)

O vindeiro xoves, 22 de novembro, de 18:00 a 20:00 faremos no colexio unha nova sesión da Escola de Nais e Pais. A temática será "Menores e internet".

Nesta sesión Santiago Reboyras, Inspector do Corpo Nacional de Policía e Xefe do Grupo de Delincuencia Económica e Tecnolóxica, presentará de forma amena as ameazas ás que os nosos fillos están expostos na rede e no uso das novas tecnoloxías.

O uso do móbil, internet, as redes sociais, os videoxogos, o ciberacoso, o sexting ou as novas formas de pederastia na rede, supoñen un escenario verdadeiramente incerto e complicado que fai que ás veces non sexamos conscientes de determinados riscos ou, simplemente, que non saibamos ben como responder ante determinadas situacións.

A nosa obriga como pais é coñecer as ameazas existentes e as recomendacións para evitar que se materialicen nos nosos menores.

A xornada, coma sempre, é gratuita para socios, e teredes á vosa disposición servicio de canguros (tamén gratuíto).

Datas: 22/11/2018 18:00-20:00.
Ubicación: SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio.
Inscrición: a través da aplicación do ANPA.
Servizo de canguros: a través da aplicación do ANPA.


Máis información no correspondente apartado do blogue: https://milnenosgalego.blogspot.com.es/p/escola-de-nais-e-pais.html#tic1

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

FESTA ENTROIDO 2024