POE. Deporte no centro.Piscina
Xa recibimos a información destas 3 modalidades de actividades organizadas polo Concello e Fedapas. A partir do luns deberíamos recibir no local os impresos pero todas están incluidas xa na aplicación.
Aceptamos a preinscripción online pero Fedapas e o concello esixen tamén o tríptico polo que cando se teña pechado a inscrición solicitaremos que os admitidos pasedes a asinar as solicitudes cos datos xa cubertos polo que será cousa dun minuto.
Natación:
Xa está incluida na aplicación para facer a preinscrición online.
Vai dirixida aos escolares do 3º E 4º de Educ. Primaria de Centros Públicos.
O número de prazas ofertadas é de 30.
A Campaña levarase a cabo na Piscina de Riazor os lunes de 17:00 a 17:45h.
Tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos escolares ás familias.
O custo por alumno é de 53,47 €. Esta cota inclue o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria.
O prazo máximo de inscrición para os escolares remata o día 19 de setembro.
As follas de inscripción deberán recollerse e cubrirse no local do ANPA e efectuar no local o pagamento de 53,47 euros ou ter indicada a conta corrente oportuna
A data de comenzo prevista da Campaña de Natación Escolar será o 3 de outubro.
Programa de Ocio Educativo (POE)
Vai dirixido aos escolares de Educación infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de primaria
O número mínimo é de 10 asistentes é o máximo de 20
Celebrarase nos horarios e días fixados pola Anpa na aplicación e formularios de inscrición nas instalacións do colexio azul
As follas de inscripción deberán asinarse no local do ANPA unha vez rematado o prazo e efectuar no local o pagamento do importe correspondente ao primeiro trimestre ou cargaremos o importe na conta designada
A data de comenzo prevista será o 3 de outubro.
Programa de Deporte no Centro
Dada a oferta realizada polo ANPA en colaboración cos distintos clubes deportivos, deste programa o Anpa só vai participar no programa Xogos de Educación infantil
Vai dirixida polo tanto aos escolares de Educación infantil de Centros Públicos.
O número mínimo para a actividade é de 15 e o máximo de 20
A Campaña levarase a cabo nas instalacións do Colexio Azul
O prazo máximo de inscrición para os escolares remata o día 19 de setembro.
As follas de inscripción deberán asinarse no local do ANPA unha vez rematado o prazo e efectuar no local o pagamento do importe correspondente ao primeiro trimestre ou cargaremos o importe na conta designada
A data de comenzo prevista será o 3 de outubro.