Programa de inmersión. RECOLLIDA DE SINATURAS
Estimad@s pais/nais,
O NOSO CENTRO E OS NOSOS NEN@S QUEREN O PROGRAMA DE INMERSIÓN EN INGLÉS!!!!!
Como moitos xa sabedes, o Anpa este ano puxo en marcha un programa de inmersión lingüística para Educación Primaria financiado de xeito exclusivo con fondos que obtivo o Anpa dun convenio cunha entidade sen ánimo de lucro e coas aportacións dos pais e nais do anpa.
Este programa compensa a imposibilidade actual do noso centro de participar no programa de auxiliar de conversa da Xunta. A nosa proposta e máis ambiciosa que o dito programa e resulta GRATIS para todos os alumnos/as (e para a Xunta).
Logo do permiso inicial da Inspección educativa, recibimos a comunicación da paralización do programa cando só levábamos unha semana de actividade.
En tres semanas non tivemos outra comunicación da Consellería en relación a nova solicitude que trasladamos, polo que entendemos que é fundamental demostrar o interese da comunidade educativa do CEIP no dito programa.
Por todo isto, dende a ANPA solicitamos a vosa colaboración facendo un pequeno esforzo: ASINADE ESTA PETICIÓN e entregade as sinaturas que recollades no local do Anpa os próximos días:
- Luns 21/11/2016 de 4 a 5
- Xoves 24/11/2016 de 9 a 10
Ademais, membros da directiva do Anpa e todos aqueles que queiran colaborar como voluntarios solicitarán a vosa sinatura a entrada e saída do centro.
A nosa intención é entregar copia das sinaturas xunto co escrito coa reclamación oportuna na Inspección Educativa, e nas Administracións Públicas competentes (Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Valedora do Pobo, etc)
Ligazón: FORMULARIO DE FIRMAS