ECO HORTAS. CONCELLO CORUÑA

Onte algúns directivos do Anpa asistiron á reunión no C.C. Mallos que convocaran os encargados de Eco Hortas, dirixida ás ANPAS das zonas onde quérense implantar os novos hortos urbanos do Concello.

Propuxéronnos unha visita guiada a Feáns para ver e coñecer como funcionan os hortos que teñen alí montados os membros da asociación "Imos De Hortas", modelo de funcionamento autogestionado que se pretende seguir coas Eco Hortas do Concello.

O Anpa considera unha boa oportunidade estas visitas dirixidas nesta ocasión a membros, socios e demais persoas que se apunten a través das ANPAS que estabamos convocadas á reunión,

Aqueles que estean interesados nas visitas só teñen que apuntarse enviando un mail a milnenos@gmail.com  indicando data e hora que queren ir.

As visitas programadas son o sábado 19 de novembro ás 16:30 e sábado 03 de decembro ás 11:30 ou ás 16:30.

+ INFO:
Cartel 

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S