Saltar ao contido principal

URXENTE. SUSPENSIÓN ACTIVIDADE DE PISCINA

Desde o Servizo Municipal de Deportes esta mañá comunícanos a través de FEDAPAS o responsable da Campaña de Natación escolar, D. Antonio Pedraz Pito que na tarde de onte luns, a cuberta da Piscina Municipal de Riazor sufriu serios danos con motivo da rotura dos tensores que a sustentan, circunstancia que obrigou á suspensión, ata nova orde, de todas as actividades programadas no vaso.

Por todo a campaña de natación escolar dos centros educativos que realizan dita actividade en Riazor, non poderán asistir nun prazo de tempo por agora sen determinar. Devandito prazo comunicarásevos no momento en que os técnicos avalíen o estado no que se atopa a cuberta, e se determinen as obras que será preciso levar a cabo antes de reiniciar as actividades. 

Desde o Servizo Municipal de Deportes xa se está traballando para que devandito período de tempo sexa o menor posible.

Sentimos as molestias que todo iso poida ocasionar ás familias

Publicacións populares deste blog

ABERTO PLAZO SOCIOS E SOCIAS 2024/25

Xa está aberta a aplicación para facerse socios e socias para o vindeiro curso!  Lembramos que é requisito para utilizar os servizos que prestamos.  E se non precisas ningún servizo pero *si queres* mellorías no cole...   Xa sabes, faite soci@!!

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

FESTA ENTROIDO 2024

O vindeiro venres 9 de febreiro teremos a festa do entroido no pavillón dos Rosais para todas as familias Milnen@s e veciños. Para as familias socias que fagan a solicitude da invitación a través da aplicación, a entrada será de 1€ por adulto e de 0,50€ para a cativada. Terán que ensinala na entrada do recinto. Se non se ensina e para familias non socias, o prezo será de 2€ por adulto e 1€ por neno ou nena. (É obrigatorio que a cativada estea acompañada dunha persoa adulta. Unha persoa pode estar ao cargo de varios nenos e nenas). As entradas mercaranse directamente alí, no pavillón. Está totalmente prohibido comer e beber dentro do recinto. Serviremos chocolate e biscoito nunhas mesas que habilitaremos fora do pavillón. Non está permitida a entrada ao recinto sen calzado deportivo. Esperámosvos