Información ata o comezo do curso
Con motivo do inicio das vacacións de verán, publicamos unha serie de datos relevantes (incluída información para o vindeiro curso):
a) abriremos os días 5 e 6 de setembro en horario de mañá de 10 a 12 (de tarde o colexio aínda estará pechado). Abriremos "preferentemente ou unicamente para os novos socios" que non teñen acceso á aplicación informática (agás que soliciten darse de alta ao mail milnenos@gmail.com ).
b) A aplicación informática e as instrucións no blogue deben facilitar moito a xestión para inscribirse en actividades http:// milnenosgalego.blogspot.com. es/2016/06/aplicacion- informatica-do-anpa-en.html Para a renovación de socio sen actividades é tan fácil como facer a transferencia indicando nome do neno/a e/ou número de socio/a (ou inscribirse na aplicación e pasarémosvos unha remesa)
c) As actividades do Concello deberían publicarse en breve. Incorporarémolas á aplicación e avisarémosvos
d) os socios/as que non se inscriban en actividades antes do día 8 de setembro só poderán comezar nas actividades en outubro. Todo iso para evitar problemas coa organización do inicio de curso que pola experiencia dos anos pasados esixen que sexamos moi estritos con estas cuestións.
e) A finais de novembro/decembro haberá Asemblea Xeral e nela ademais da información contable,etc, daranse os primeiros pasos para a convocatoria de eleccións para nova directiva que se celebrarán en abril/maio de 2017 (previa asemblea en febreiro de 2017)
Sen máis desexámosvos un feliz verán e ata a volta!!
(para calquera dúbida milnenos@gmail.com)