martes, 28 de setembro de 2021

XOVES NEGRO

Dende a AMPA, queremos dar apoio ao movemento do XOVES NEGRO que está facendo a comunidade educativa do noso colexio, polos recortes na ensinanza pública.

Pedimos que levedes ás vosas crianzas vestidas de negro este xoves. Son xestos moi pequenos, pero xuntos podemos conseguir algo moi grande.