Saltar ao contido principal

Información urxente sobre actividades extraescolares

 



Estimadas familias,


Anteriormente a esta comunicación, envióusevos mail informativo e publicáronse no blog da Anpa os prazos para comunicar as baixas das actividades extraescolares, que serán como máximo o 26 de cada mes. Isto é, calqueira actividade que se queira cancelar ten que ser entre o 1 e o 26 de cada mes, ambas as datas incluídas, pois pola contra teremos igualmente que pasar a correspondente cobranza.


Algunhas familias están cancelando actividades extraescolares nestes últimos días, pasado o 26, polo cal cremos que non se debeu entender ben o correo que remitimos, polo que pedimos desculpas.


Con todo, o prazo para cancelar as actividades antes do inicio do curso escolar, e antes de que se pasen os recibos será excepcionalmente (e só este mes) mañá día 1 de setembro ata as 23:59 horas. Tedes ata ese momento para cancelar as suscricións ás actividades extraescolares que non queirades iniciar.


Para calquera dúbida, consulta ou comentario, coma sempre, estamos á vosa disposición.

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.