AVISO IMPORTANTE
Ante as dúbidas que puideron xurdir no primeiro día de madrugadores, comedor e actividades extraescolares, queremos facer chegar uns puntos importantes a ter en conta:
- Os servizos de madrugadores e comedor, mantéñense cós mesmos horarios e nas mesmas quendas que no ano pasado.
- As entradas e saídas a actividades extraescolares, mantéñense nas mesmas localizacións que o ano pasado.
Durante o periodo de adaptación de 4º EI os nenos e nenas inscritos a comedor que necesiten quedarse a comer no colexio, deberán estar as 13h:45 na porta de acceso ao mesmo ( o portalón que está ao final do colexio, ao lado do local da ANPA).
Para as crianzas de último turno de periodo de adaptación, é o persoal de comedor quen se pasa a recollelos de forma excepcional nas súas aulas e os traslada a comedor.
Unha vez finalizado o periodo de adaptación, o persoal de comedor recollerá a todas as nenas e nenos que se queden a comer no seu horario habitual.
Unha vez finalizado o periodo de adaptación, o persoal de comedor recollerá a todas as nenas e nenos que se queden a comer no seu horario habitual.
- PODERÁN RECOLLER AOS MENORES AS PERSOAS REXISTRADAS NA APLICACIÓN OU MEDIANTE CORREO ELECTRÓNICO Á ANPA CO DNI DA PERSOA QUE O VAI RECOLLER.
- OS NENOS E NENAS QUE VAIAN A MARCHAR SEN ACOMPAÑANTE DAS ACTIVIDADES, TAMÉN DEBERÁN SER AUTORIZADOS.
Únicamente en caso de urxencia inmediata, poderase autorizar a outra persoa directamente a través do teléfono da coordinadora de comedor e extraescolares, previa identificación por parte dun dos titores legais.
Entendemos que isto poida supoñer un prexuizo, pero dende a ANPA queremos comunicar que o facemos polo ben da nosa cativada, sempre pensando en salvagardar o seu benestar.
Por último, pedimos desculpas polos erros que cometimos, puidemos cometer, e de seguro cometeremos, os comezos non son doados, pero queremos lembrar que todos remamos nunha mesma dirección: @s nos@s milnen@s.
Un saúdo,
ANPA Milnen@s do CEIP Emilia Pardo Bazán