martes, 28 de setembro de 2021

RECORTES, NON



Como xa saberedes, o noso colexio vese afectado polos recortes en educación, tocándonos directamente ao non dotarse dun mestre en Educación Física que por catálogo nos corresponde.


Aínda que a directiva do colexio está facendo o imposible para reclamalo, non é suficiente. A nosa cativada está tendo clases de Educación Física porque os mestres do noso colexio decidiron sacrificar ás súas horas, mover ás súas quendas e cubrirse horarios entre eles para que todas as crianzas poidan ter esta clase. A clase de robótica tívose que suspender por este motivo.


Agora é o noso turno, temos que facernos oír. Varias ANPAS de distintos colexios da cidade comezaron movementos de protestas aos cales nos unimos, este mércores día 29. 

PEDIMOS QUE CADA UN DOS VOSOS FILLOS E FILLAS, LEVE UN GLOBO NEGRO OU DE COR CUNHA TIRITA (Representando que esiximos dereitos, non parches) PEGADA, E O ATE NA CANCELA DO COLEXIO, quen non poida, pedimos que o faga na tarde/ noite anterior.

Por favor, fagamos algo para defender a educación dos nosos milnen@s, está nas nosas mans conseguilo!!!!!