XORNADA DA BICICLETA
ANCAS Galicia convídannos a participar no día da bicicleta que organiza Decathlon. Será na chaira de Riazor, domingo 19 de Setembro ás 11:30 h.
Farase unha marcha non competitiva con saída e chegada na chaira de Riazor, o circuíto estará adaptado a todas as idades, cun circuíto máis curto para os máis pequenos (sobre 1,6 km) e un circuíto un pouco máis longo para os máis maiores (sobre 9 km).
Percorrerase o paseo marítimo da Coruña durante 1 hora e media, despois na mesma chaira, os máis pequenos terán xogos e faremos un sorteo de agasallos entre todos os participantes.
É obrigatorio o uso de casco e seguir as indicacións da organización para participar no evento. Durante todo o percorrido é obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia de seguridade co resto de participantes, especialmente durante os reagrupamientos da marcha ciclista. Os nenos que utilicen ruedines deben obrigatoriamente completar o percorrido curto.
É necesario cubrir a inscrición en:
Gozaremos da nosa cidade nunha contorna segura e pechada ao tráfico.