CAMPAMENTOS NADAL CENTROS CÍVICOS

CAMPAMENTO DE NADAL 




DÍAS: 22, 23, 27, 28, 29, 30 de decembro e 3, 4, 5, 7 de xaneiro

PERSOAS DESTINATARIAS: menores nados entre o 1/1/2009 ao 31/12/ 2017

HORARIO:

➢ Xeneral : de luns a venres de 10.00 a 14.00 h

➢ Ampliado: de luns a venres  de 9.00 a 14.30 h

PREZO POR PARTICIPANTE:

➢ Horario xeral: 26 €.

➢ Horario ampliado: 32 €

CENTROS ONDE SE PODE SOLICITAR O HORARIO AMPLIADO Ou XERAL: Castrillón, San Diego, Mallos, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Rosales, Labañou, Palavea, Ciudad Vella, Eirís, Elviña,  Novoboandanza.

CENTROS ONDE SE PODE SOLICITAR SÓ O HORARIO XERAL: A Silva, Santa Margarita, Feáns, Sacra Familia, Santa Lucía, Pescadores, San Pedro de Visma e Artesáns

PREINSCRICIÓN: 29,30 de novembro e 1 de decembro na web http://www.coruna.gal/servizossociais ou no teléfono 010

SORTEO: 2 de decembro ás 10.30 h en cada centro Cívico

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE  PREINSCRICIONES: 3  decembro en, os centros cívicos,  llamándo ao 010 ou na web municipal

RECLAMACIÓNS: do 4 ao 7 de decembro enviando un e-mail a campamentos@serviplus.org  ou  chamando á 010

PUBLICACIÓN LISTADOS ADMITIDOS E ESPERA: 13 decembro en centros cívicos, 010 ou na web municipal .

PAGO: 14, 15 e 16 de decembro . Varias opcións:

1. A través de transferencia bancaria ao nº de conta ES76 2080 0036 6230 4002 1977  enviando o xustificante de pago a campamentos@serviplus.org co nome, Centro cívico e modalidade horaria.

2. Na páxina web  http://www.coruna.gal/servizossociais achegando  no formulario o  xustificante de pago conforme realizouse a  tranferencia bancaria.

3. Presencial: No Centro cívico de Monelos en horario de 10.00 a 13.30  h e de 17.00 a 20.00 h. 

XESTIÓN LISTA DE ESPERA: A partir do 17 de decembro.

 Información Xeral e Recomendacións

➢ Terán preferencia os menores empadroados no concello da Coruña

➢ reservarase un 20% de prazas para persoas beneficiarias de programas sociais

➢ Cada grupo estará formado por 15 menores e deberá de haber un mínimo de 9 para formar grupo.

➢ Soamente poderase presentar unha preinscrición por menor, en caso contrario anularanse todas

➢ Se ofertarán 15 prazas pola cota de discapacidade para menores con diversidade funcional en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. As prazas de diversidade funcional terán un sorteo propio diferenciado do sorteo da cota xeral.

➢ Para unha correcta atención de menores que soliciten praza pola cota de diversidade funcional, deberase de cubrir unha ficha de coñecemento persoal no momento da preinscrición.

➢ O  monitorado de apoio para menores con diversidade funcional estará capacitado para acometer tarefas hixiénico-sanitarias básicas.

➢ Non formalizar a inscrición en prazo e horario establecido supoñerá a perda de dereito á praza

➢ Unha vez realizado o pago do campamento non se terá dereito á devolución excepto por causas imputables ao prestador do servizo.

➢ Os horarios do campamento ampliado e xeral son de obrigado cumprimento tanto á entrada como á saída.

➢ Na modalidade de horario ampliado, requiriranse mínimo 6 participantes para realizar grupo.

➢ Será obrigatorio o uso de máscara para os maiores de 6 anos e recomendable para os de 4 a 6 anos.

➢ Se una/un menor resulta admitida/ou  e ten irmás ou irmáns co número  correlativo de preinscrición, ben sexa posterior ou anterior, todas/vos obterán praza a condición de que pertenzan ao mesma cota

➢ Levar roupa e calzado cómodo 

➢ Non levar aparellos electrónicos,  videoconsolas, móbiles , cuartos ou obxectos de valor. A organización non se fará responsable da perdas que poidan producirse durante o campamento

➢ É aconsellable que non asistan aos campamentos os e as menores que teñan enfermidades contaxiosas ou que presenten algún dos seguintes síntomas: febre, vómitos, diarrea,  aftas na boca,  chagas, dificultade respiratoria,  conjuntivitis, erupcións, alteracións atípicas na pel ou no caso de ter piollos ou  liendres, ou calquera síntoma relacionado coa COVID-19

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S