ENKI-EQUIPO EMILIA SUBMARIÑA



EQUIPO EMILIA SUBMARIÑA!

Xa queda pouco para a carreira máis divertida e solidaria de Galicia.

A cita será o sábado 23 de outubro en horario de 16:00 a 19:30.

O noso equipo “EMILIA SUBMARIÑA” levará como distintivo unha pañoleta laranxa, pero como somos un grupo moi animado disfrazarémonos de calquera cousa que teña que ver coa fauna mariña.

O punto de encontro será a Praza de María Pita e faremos un percorrido de 2,46 Km.



Poderedes recoller os vosos dorsais o xoves e o venres no Corte Inglés de  Ramon e Cajal nas franxas horarias que elixades nas instrucións que vos mandaron ao adquirir os dorsais.

Selecciona mediante esta ligazón o horario que máis te conveña: https://forms.gle/hjNqtTczHzZWJKph8



Lembrarvos que o uso da máscara que cubra nariz e boca será obrigatorio durante todo o evento. Os menores de 6 anos están exentos así como as persoas que teñan un xustificante que lles exima da súa utilización.

É de obrigado cumprimento a presentación do certificado de vacinación / pasaporte  covid ( CDD-UE, ou o seu equivalente) acreditativo de pauta completa de vacinación. No caso de non telo, un test de  antíxenos ou  PCR con resultado negativo cunha antelación máxima de 48 horas á carreira oficial.
Os nenos menores de 12 ano están exentos de vacunación ou PCR.
Podedes presentalo na recollida do dorsal ou de forma online en: https://forms.gle/VNFPcaSru2DerN9D9. Se tedes máis preguntas non dudes en contactar con ENKI. ¡Escribide  a info@enkiproyecto.com  é vos responderán  o antes posible!

VÉMONOS O SÁBADO!!



Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S