martes, 2 de novembro de 2021

PATINAXE



Estimadas familias:
Tras uns días de busca e negociación con varias entidades, comprácenos comunicarvos que mañá mércores retomaranse as clases de patinaxe con normalidade. A nova entidade que se vai encargar da formación é ADC Alquimia Inline e podedes ver todas as actividades que fan na súa páxina web (web Alquimia). Contan con grande experiencia formadora tanto en colexios como en clubes e un amplo equipo técnico.