CAMPAÑA DE NATACIÓN ESCOLAR 2021/22




Dende a Concelleria de Deportes da Coruña comunican que está aberto o prazo para as inscricións de natación escolar na piscina de Riazor para o alumnado de 3º e 4º de primaria. Son 24 prazas e se asignan por orde de inscrición, polo que rogamos apuredes nas solicitudes.

Tedes que levar:

  • A folla de inscrición cuberta (descarga aquí Folla inscricion )
  • Fotocopia do DNI da crianza ou no seu defecto, do libro de familia
  • Fotocopia dos DNI dos titores, nais ou pais.
  • A cota íntegra de 47,52€ pódese pagar alí mesmo tanto en efectivo coma con tarxeta, e para poder acudir ao palacio de deportes de Riazor hai que pedir cita previa a través do 010, chamando ao concello ou solicitándoa a través de internet (CITA PREVIA).

O PRAZO MÁXIMO DE ENTREGA É O 08-11-2021, comezarían as clases o 15-11-2021.

Máis información: Información do Concello, Información para as familias, Protocolo Covid Riazor









Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S