Saltar ao contido principal

CONCENTRACIÓN 26 DE OUTUBRO

DEREITOS, NON PARCHES

O 29 de setembro, familias de varios centros da Coruña e comarca inzamos as nosas escolas para denunciar a situación na que nos puxo un ano máis a Consellería de Educación ao non dotar do persoal que precisamos para que todo o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo estean atendidas como precisan:.

- No CEIP Valle Inclán de Oleiros cómpre unha persoa de Pedagoxía Terapéutica e mais media xornada de Audición e Linguaxe.

- No CEIP Vila de Rutis e no CEIP Labaca están sen a especialista de Pedagoxía Terapéutica que lles corresponde por catálogo.

- No CEIP Ría do Burgo precisan que a especialista de Audición e Linguaxe volva estar a xornada completa e que se incorpore unha Pedagoga Terapéutica para cubrir as novas necesidades.

- No CEIP A Rabadeira reduciuse unha especialista de Pedagoxía Terapéutica.

Este curso, ademais, varios centros comezaron o curso sen poder ofrecer especialistas de materia e mesmo profesorado titor para todo o seu alumnado, carencia que, ao saturar de traballo ao profesorado que asume esa carga, repercute de novo negativamente na calidade de atención a todo ao alumnado, pero especialmente daquel que máis precisa:

- No CEIP Ramón de la Sagra non teñen persoa titora para un curso.

- No CEIP Emilia Pardo Bazán non hai especialista de Educación Física con horas dispoñibles para atender a todos os cursos.

- No CEIP Sanjurjo de Carricarte falta docente especialista de Lingua Inglesa.

- No CEIP Sagrada Familia non hai especialista de Música con horas dispoñibles.

Eses son só, decerto, algúns dos casos que se están dando neste inicio de curso: os que sabemos que xa foron denunciados e seguen se obter nin resposta nin solución.

Por iso pregámosvos que vos unades á concentración que celebraremos o día 25 de outubro, ás 11.00 da mañá, diante do edificio administrativo de Monelos na Coruña, para que sexa imposible non escoitar e atender ás demandas destes e de todos os centros: poder ofrecer a todo o seu alumnado a educación á que ten dereito.


Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.