Saltar ao contido principal

Preinscricións en actividades

Ao longo dos próximos días iranse confirmando as preinscricións de actividades e renovacións.

Lembrarvos que aínda hai moitas familias que non seguiron correctamente as instrucións de inscrición. Revisade en especial os seguintes puntos:
  • Todo alumno nalgunha actividade debe estar inscrito no SEGURO de forma obrigatoria
  • Todo alumno débese inscribir nunha das opcións de MATRÍCULA en función do número de actividades inscritas 
  • Toda familia que asista a algunha actividade ou comedor debe estar inscrita en RENOVA, pola contra aplicaránselle os prezos de non socios en todos os servizos

Lembrarvos que os cargos se farán a partir de outubro, nunca antes.

As preinscricións confirmadas con estado “Inscrito” garanten a praza na actividade, a condición de que a actividade non se cancele por falta de alumnos.

As que estean en estado “Lista de espera“ poderán chegar a confirmarse na medida na que outros alumnos inscritos déanse de baixa.

Nestes momentos temos as seguintes actividades en lista de espera:
  • Judo infantil e 1 primaria grupo I (25 prazas)
  • Judo 2 a 6 primaria grupo II (25 prazas)
  • Pintura infantil e 1 primaria (15 prazas)

Agradeceriámosvos aos inscritos nestas actividades cancelalas se estades seguros de non asistir finalmente para que o seguinte na lista de espera poida optar a ela.

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.