Circular informativa para as familias non beneficiarias da bolsa comedor do Concello da Coruña

Enviámosvos unha circular de  Jardanay para informarvos do procedemento que se vai a seguir para efectuar as cobranzas pendentes polo uso do comedor aos pais que solicitaron a bolsa comedor do  Concello da Coruña e finalmente non foron beneficiarios dela.

Como sabedes, debido ao atraso na publicación das bolsas por parte do  Concello, en  Jardanay decidimos axudar de forma extraordinaria ás familias financiando o comedor aos solicitantes, cunhas condicións (presentación da copia da solicitude da bolsa) e ata a publicación das diferentes listaxes. Lembrámosvos que cada caso é diferente e que estamos a estudar cada situación en particular.

Efectuaremos as eventuais cobranzas de dúas maneiras:
1) Débeda de setembro e outubro - mediante unha carta de pago enviada ás familias  pagadera ata o 28 de febreiro.
2) Débeda de novembro - mediante a factura domiciliada habitual de novembro, xa emitida.

Circular de Jardanay

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

FESTA ENTROIDO 2024