Renovacións, altas e información do curso 2019/2020
Información xeral
Este ano todos os trámites serán exclusivamente por vía telemática. A partir de setembro, no horario de apertura habitual do local vos poderemos explicar como realizar os distintos trámites no odenador do local, pero todos os trámites terédelos que facer co voso usuario e contrasinal persoal.
Para evitar problemas, recomendámosvos non usar Internet Explorer en ningún caso.
Se é posible, agradecémosvos que os pagos se fagan por domiciliación bancaria, xa que as transferencias xérannos un traballo adicional importante. O pago en efectivo este curso non se admitirá en ningún caso.
Renovación de socios
Xa tedes aberta na aplicación do ANPA a renovación de socios do curso 2019/2020, seguindo as instrucións do apartado de trámites do blogue:
https://milnenosgalego.blogspot.com/p/tramites.html
NOTA IMPORTANTE: PARA A CORRECTA RENOVACIÓN HAI QUE SELECCIONAR NO DESPREGABLE DO CURSO NA PARTE SUPERIOR DA PANTALLA O CURSO 2019-2020.
A confirmación das preinscricións ser irá facendo de forma progresiva ao longo do verán.
O prezo, como outros anos é un pago único de 15 euros por familia para todo o curso, que será cargado en conta a partir de novembro de 2019.
Alta en comedor
Xa está aberta na aplicación de Jardanay o alta no servizo de comedor e madrugadores do curso 2019/2020, seguindo as instrucións do apartado de trámites do blogue:

Alta en actividades extraescolares
A apertura das altas en actividades atrasarase debido a que aínda non temos pechado o cadro de actividades. En calquera caso tentarase que o cadro varíe o menos posible con respecto ao ano pasado. Os prezos das actividades tamén poderán sufrir variacións en función das negociacións coas diferentes empresas que as ofertan.