Xa está aberta a aplicación para facerse socios e socias para o vindeiro curso! Lembramos que é requisito para utilizar os servizos que prestamos. E se non precisas ningún servizo pero *si queres* mellorías no cole... Xa sabes, faite soci@!!
Prezadas familias: Informámosvos que, coma en anos anteriores, convocamos 6 axudas de comedor en colaboración con Jardanay para o curso 2024/2025. Agradecemos a vosa paciencia co pequeno retraso, debido ao prolongado proceso das bolsas municipais. Podedes consultar as bases da convocatoria no seguinte enlace: Bases convocatoria bolsas comedor 2024-25 Calquer dúbida, suxerencia ou aclaración estamos aquí para axudarvos! Grazas
Atrévete a pasar unha finde diferente! 🧑🧑🧒🧒 A quen vai dirixido: menos entre os 6 e os 11 anos. 🗓️ Do 30 de novembro ao 1 de decembro 📝 Inscricións: A partir de hoxe (xoves 7) ata o venres 8 de novembro ás 20:00*h. 🕢 Recepción de participantes o 30 de novembro ás 19h. Recollida o 1 de decembro ás 13h. 📍Forum Metropolitano 🎟️ 25€/participante inclúe cea e almorzo. ℹ️ Máis información e descarga de formulario de inscrición en: https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/axenda/axenda-eventos/evento/20-edicion-durme-no-forum-forum-ao-reves/suceso/1453879416665?argIdioma=gl