Nota informativa sobre bolsas de comedor 2019-2020
Listaxe provisional:
http://www.coruna.gal/servizossociais/gl/detalle-contido/lista-provisional-de-bolsas-comedor-curso-2019-2020/suceso/1453704377024?argIdioma=gl
As listaxes provisionais publicadas teñen a función de requirir a documentación que falta ou a que sexa aclaratoria para emendar a solicitude.
Para as solicitudes que aparecen denegadas abrirase un prazo para presentar as alegacións que se consideren por parte das persoas interesadas, coa publicación da segunda listaxe (listaxe predefinitiva). As alegacións que non se presenten neste prazo, non se admitirán por consideraranse fóra de prazo.
No caso de que algunha persoa solicitante queira acceder ao seu expediente e valoración deberá solicitalo mediante escrito presentado no rexistro municipal.
No caso de precisar asesoramento sobre calquera destes trámites poden poñerse en contacto coa educadora social do centro cívico que lle corresponda indicando que se trata dunha consulta sobre as bolsas comedor.
Información adicional sobre os requerimentos de atoparse ao corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
O requirimento faise cando no certificado acreditativo existe algunha incidencia pola que se incumpren os requisitos da bolsa. Nestes casos as persoas interesadas deben dirixirse aos órganos tributarios correspondentes para solucionar esta situación.
Sobre as obrigacións tributarias co concello, poden solicitar na Oficina de Recadación ( C/ da Franxa, nº 20), un informe de débedas pendentes co fin de coñecer as débedas pendentes de pago (nas mesmas dependencias, pódese solicitar no fraccionamento da débeda, se fose o caso).
Respecto a as obrigacións coa Axencia Tributaria (AEAT) deben acudir ás súas dependencias. En no caso de que non se obteña cita no prazo establecido para a corrección da solicitude de bolsa comedor (do 5 ao 18 de setembro ambos inclusive) poden presentar o resgardo da solicitude de cita previa. Esta solicitude de cita previa non garante por si mesma a resolución favorable da bolsa comedor.