URXENTE: COMEZO DAS ACTIVIDADES
Bós días,
Comunicámosvos a seguinte información relevante:
INICIO ACTIVIDADES DEPORTIVAS ANPA / Clubes deportivos:
O concello ven de comunicarnos a través dos responsables de instalacións deportivas que o xoves e venres teñen cedidas as instalacións deportivas do pavillón para a celebración dun campeonato deportivo polo que as actividades defútbol, baloncesto e ximnasia non comezarán ata o luns día 14 de setembro.
En canto a Ximnasia, logo das dúbidas que existen, a entidade que imparte a actividade especifica que os participantes comezan con conceptos básicos comúns as disciplinas de rítmica ou artística, e despois ao longo do curso ou no seguinte en función das súas aptitudes de cada alumn@, pasan a desenvolver máis a parte rítmica ou artística.
Por outra banda dende a Federación confirmaron que as actividades debalonmán poden realizarse a través das actividades do Concello polo que comezarán tamén o 1 de outubro (se xuntan como mínimo 15 asistentes)e terán que solicitarse a través dos formularios de POE/deporte no centro que se entregarán o xoves no centro.
INICIO ACTIVIDADES ANPA/AXIÑA:
As seguintes actividades acadaron o número mínimo e iniciaranse en setembro (o xoves comezan só evidentemente as que teñan ese día fixado como de actividades):
- Patinaxe
- Cociña
- Judo
- Baile moderno
- Teatro
Non acadaron o número mínimo as actividades de percusión axiña, baile galego, percusión tradicional, educ arte, robótica e hockey. Estas actividades só comezarán se acadan antes do 1 de outubro o mínimo requerido. As persoas que pagaron a matrícula e seguro, poden comunicarnos se deciden agardar, cambiar a outra actividade ou solicitar a devolución do pagado.
POE e Natación:
POE e deporte no centro. A información e formulario de inscrición entregarase o xoves 10 polos docentes das distintas aulas aos alumnos. O prazo para solicitar a inscrición é do día 10 ao 17 de setembro. A Anpa terá que remitir as solicitudes o 18 de setembro polo que as que se entreguen no local do ANPA con posterioridade ao 17 de setembro non se remitirán (mañá enviaremos máis información).
Natación: O límite de 30 prazas fixado implica a necesidade de que o formulario se recolla e completos dos datos precisos a partir do xoves 10 no local do ANPA por estricto orde de solicitude (mañá enviaremos máis información)