Natación / POE / Deporte no Centro. Información
Xa recibimos a información destas 3 modalidades de actividades organizadas polo Concello e Fedapas:
Natación:
A partir de mañá día 10 inclusive pode recollerse no local do ANPA a documentación da campaña de natación
Vai dirixida aos escolares do 2º ciclo de Educ. Primaria de Centros Públicos.
O número de prazas ofertadas é de 30.
A Campaña levarase a cabo na Piscina de Riazor os lunes de 17:00 a 17:45h.
Tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos escolares ás familias.
O custo por alumno é de 53,47 €. Esta cota inclue o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria.
O prazo máximo de inscrición para os escolares remata o día 17 de setembro.
As follas de inscripción deberán recollerse e cubrirse no local do ANPA e efectuar no local o pagamento de 53,47 euros
A data de comenzo prevista da Campaña de Natación Escolar será o 1 de outubro.
Programa de Ocio Educativo (POE)
Mañá día 10 entregarase en cada clase polos profesores o formulario que contén a información e a ficha de inscrición
Vai dirixido aos escolares de Educación infantil e 1º e 2º de primaria
O número mínimo é de 10 asistentes é o máximo de 20
Celebrarase nos horarios e días fixados pola Anpa nos formularios de inscrición nas instalacións do colexio azul
As follas de inscripción deberán entregarse no local do ANPA e efectuar no local o pagamento do importe correspondente ao primeiro trimestre
A data de comenzo prevista será o 1 de outubro.
Programa de Deporte no Centro
Dada a oferta realizada polo ANPA en colaboración cos distintos clubes deportivos, deste programa o Anpa só vai participar no programa Xogos de Educación infantil
Vai dirixida polo tanto aos escolares de Educación infantil de Centros Públicos.
O número mínimo para a actividade é de 15 e o máximo de 20
A Campaña levarase a cabo nas instalacións do Colexio Azul
O prazo máximo de inscrición para os escolares remata o día 17 de setembro.
As follas de inscripción deberán recollerse e entregarse no local do ANPA e efectuar no local o pagamento correspondente ao primeiro trimestre
A data de comenzo prevista será o 1 de outubro.