Listen & speak
Bós días,
Logo de confirmar coa dirección do colexio que esté ano se ofertará o programa Listen & Speak, deixámosvos a ligazón na que o libro dixital do concello inclúe o programa Listen & speak.
O horario previsto é:
- 3º e 4º de primaria das 16.00 ás 17.00h.
- 5º e 6º de primaria das 17.00 ás 18.00h.
A dirección do centro sinala que se aproveitará algunha das aulas do colexio azul (previsiblemente de acordo coa tipoloxía de actividades e a ocupación actual algunha das aulas da planta superior).
O prazo de inscrición é do 10 ao 25 de setembro e a solicitude faise on line de acordo co formulario que se recolle na mesma ligazón.
Lembrade que o ANPA non xestiona este programa, só vos trasladamos a información