Orde axudas compra material escolar
Hoxe publícase no DOG a ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
No seu art. 5 sinala que:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concederá unha axuda por importe de 50 euros por alumno/a que reúna os requisitos previstos nesta orde, cando a renda per cápita familiar no ano 2013 sexa igual ou inferior a 5.400 euros.
A información figura na ligazón