Saltar ao contido principal

Normas de entrada e saída de actividades (actualizado)

Normas xerais

1.- O lugar de concentración e recepción do alumnado por parte dos monitores será o PATIO CUBERTO DE PRIMARIA. Neste lugar concentrarase o alumnado procedente do comedor escolar e mailo procedente das súas casas.
2.- Os monitores das diferentes actividades acompañarán ao seu alumnado até as respectivas depedencias: Edificio Azul ou Polideportivo Municipal.

O alumnado que se dirixa ás actividades deportivas o fará atravesando o patio infantil e cruzará pola porta situada ao carón do aulario infantil. Esta porta abrirase ás 15:50 h. e pecharase ás 16:10 h. Abrirase novamente entre as 16:50 e as 17:10 para a segunda quenda de actividades.

O alumnado que se dirixa ao resto de actividades no Edificio Azul o fará acompañado dos seus monitores, subindo pola rampa de acceso á pista superior e atravesando o sendeiro ao carón do labirinto vexetal.

No cambio de turno de cada actividade, os monitores encargaranse de entregar ao alumnado novamente no Patio Cuberto de Primaria, onde estarán as respectivas familias. Asi mesmo recollerán alí ao alumnado da seguinte quenda horaria.

Os nen@s que vaian directamente a actividades no pavillón ou saian dunha actividade no pavillón cara a casa non teñen que pasar polo CEIP

Outras normas relevantes:

A biblioteca do centro permanecerá aberta para o acceso do alumnado que desexe realizar tarefas de estudo ou de información documental.

No caso de alumnado de comedor, no que os seus pais ou nais non cheguen a tempo para a súa recollida, poderá permanecer á espera na biblioteca. Abrirase un Libro de Rexistro no que queden reflectidas as incidencias horarias a ese respecto.

Se algún alumno/a procedente do comedor, tivese a necesidade de esperar o comezo das actividades extraescolares até as 17:00 horas, o poderá facer permanecendo na biblioteca escolar, para o cal deberá contar coa comunicación por escrito dos seus pais.

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.