Saltar ao contido principal

Protestamos contra o atraso nas obras do colexio

O pasado decembro, a Anpa enviou un texto a diferentes medios de comunicación sobre o atraso nas obras de ampliación do centro, que xa acumulan un retardo de anos, aínda que foron anunciadas por última vez nun acto no colexio no mes de abril. Podedes velo na web do cole neste enlace.

A noticia foi publicada pola Opinión, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia e Radio Coruña Cadena Ser. O dito atraso foi denunciado tamén polo Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA) no Parlamento de Galicia, e polo BNG e EU-Os Verdes no Concello. (Podedes ler as noticias e ver toda a información neste blogue, na etiqueta "Obras").

Ao día seguinte da aparición da noticia nos medios de comunicación, o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, anunciou que se estaban ultimando os trámites para a adxudicación das obras.

Pero xa transcorreron outros dous meses e as obras seguen sen comezar. Por iso, dende a ANPA Milnen@s queremos mostrar públicamente a nosa protesta polos continuos atrasos nesta obra. Convocámosvos a unha concentración na porta do colexio de Primaria, o día 19 de febreiro ás 9.00, á hora de deixar @s nen@s no colexio.


Queremos que cumpran co prometido. Correde a voz! 
Tod@s coas camisetas verdes! 

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.