Nova alerta laranxa - 14 de febreiro
A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, por fortes rachas de vento,durante toda a xornada do día 14 de FEBREIRO de 2014, que afectará aos centros situados en toda Galicia agás aos situados no Sur de Lugo, Montaña e Miño de Ourense, onde o nivel de risco será amarelo.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES NO EXTERIOR das instalacións dos centros educativos situados en toda Galicia agás no Sur de Lugo, Montaña e Miño de Ourense, con seguimento das condicións climáticas.
Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado inicialmente e pasase a unha declaración de nivel vermello, ou existisen circunstancias que o aconsellasen, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.
A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org) .
Polo tanto, volvemos a ter o mesmo problema cos traslados entre actividades. Os monitores non poden trasladar @s nen@s polo exterior do colexio, aínda que as actividades terán lugar se non hai cambios.