Saltar ao contido principal

A Comisión Escolar de Alertas determina para mañá martes, 4 de febreiro, a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos na provincia da Coruña, por un fenómeno de rachas de vento de nivel laranxa. Acordouse a non suspensión da actividade docente. 

Por este motivo o alumnado permanecerá no interior dos edificios durante toda a xornada escolar.

Os monitores de actividades extraescolares non realizarán os traslados no exterior do colexio

Para facilitar a súa realización, o día 4 as actividades de Ximnasia rítmica e Aerozumba serán no Salón de Usos Múltiples do colexio no horario habitual da actividade. 

As actividades de baloncesto e hockey terán lugar no pavillón, pero os monitores non se encargarán dos traslados. @s nen@s que necesiten quedar no colexio despois de comedor ou doutras actividades e non poidan ser trasladad@s polas familias, teñen a posibilidade de acodir excepcionalmente ás actividades que se realizan neses horarios no colexio: xogos tradicionais (de 16 a 17) ou artes plásticas (de 17 a 18).


Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.