Publicacións

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/24

Imaxe
Empeza o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro ano académico 2023-2024. Pódese consultar toda a información no seguinte documento: ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/24 Acceso web da Xunta

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Imaxe
O vindeiro luns 6 de marzo faranse  as Xornadas  de Portas Abertas para o alumnado de nova incorporación en 4º de infantil en dúas quendas a primeira de 16:00 a 17:00 e a segunda de 17:00 a 18:00. Rogamos cheguen con algo de antelación á hora prevista de inicio, non é necesario pedir cita.

NACEMENTO ROSALÍA DE CASTRO

Imaxe
Mañá xoves día 23 de febreiro desde Jardanay van conmemorar o nacemento de Rosalía De Castro, unha muller referente para a nosa terra e a nosa literatura, con varias actividades. Por unha banda, únense á iniciativa “Caldo de Gloria”, posta en marcha pola Fundacion Rosalía de Castro, que promove que establecementos de restauración, xa sexan restaurantes ou comedores colectivos, homenaxeen á autora servindo o caldo galego que ela mesma describiu no seu poema “Miña casiña meu lar”, incluído no libro Follas Novas. Trátase dun poema precioso, no que unha muller de poucos recursos narra un momento difícil da súa vida diaria, cando chega a casa con fame e frío e, a pesar de que non ten case nada para comer e de non poder contar con axuda dos seus veciños, consegue prepararse un humilde caldo de gloria e un bolo de pote que lle reconforta enormemente. Con algo tan sinxelo, Rosalía consegue reflectir como só ela sabe a capacidade do ser humano de sobrevivir e de ser feliz sen ter demasiado, ta...

FESTA DO ENTROIDO

Imaxe
Xa chega o entroido e ímos celebralo cunha gran FESTA! Día : Venres 17 de febreiro  Lugar: Pavillón dos Rosais Hora : 16:00 horas a 19:00 horas  A entrada será de 1€ por persoa adulta e de 0'50€ por cada cativa e cativo. (É obrigatorio que a cativada estea acompañada dunha persoa adulta. Unha persoa pode estar ao cargo de varios nenos e nenas). As entradas mercaranse directamente alí, no pavillón. Está totalmente prohibido comer e beber dentro do recinto. Serviremos chocolate e biscoito nunhas mesas que habilitaremos fora do pavillón. Non está permitida a entrada ao recinto sen calzado deportivo. O alumnado de sexto terá un posto con cousiñas para vender e recadar fondos para a súa excursión de fin de curso, polo cal animamos a todas as familias a colaborar. Por mor da festa de entroido do vindeiro día 17 de febreiro, cancélanse as actividades extraescolares previstas ese día no pavillón.  Se algunha familia precisa por conciliación que nos fagamos cargo das súas crianza...

ESTUDO SOBRE POBREZA ENERXÉTICA - INFORMACIÓN DE INTERESE PARA ÁS FAMILIAS

Imaxe
Estase a realizar un Estudo a nivel estatal sobre Pobreza Enerxética dende unha UTE (Unión Tempral de Empresas) formada por a EAPN, ACA (Asociación de Ciencias Ambientales), a UC3M (Universidade Carlos III de Madrid) e o CSIC (Instituto Eduardo Torroja de la Agencia Estatal del Consejo Superior de Investigaciones Científicas), mediante o cal se pretende mellorar o coñecemento actual sobre a vulnerabilidade enerxética dos fogares. Para tal fin, trátase de recompilar información sobre o consumo e gasto enerxético dos fogares e as principais variables que afectan ao benestar enerxético dos mesmos durante un período de tres anos. Para isto, o estudo require, por unha banda, da medición dos consumos determinantes do confort térmico dunha mostra representativa de fogares, e, por outra, do desenvolvemento de enquisas aos fogares sobre as características das súas vivendas, os seus equipamentos e hábitos de uso enerxético.  Anexamos unha presentación onde se explica máis detalladamente est...

RESERVA DE PRAZA AO CENTRO ADSCRITO IES SALVADOR DE MADARIAGA PARA O ALUMNADO DE SEXTO

Imaxe
Aberto o prazo de reserva de praza para o alumnado de sexto que desexe continuar os estudos no IES Salvador de Madariaga. O prazo remata o 6 de febreiro. Toda a información no seguinte documento:  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=system/files/SKM_454e23011711440.pdf

GRAZAS

Imaxe
GRAZAS!!! a todas vos, familias, GRAZAS!!!  Grazas por facer que o camiño que comezamos fai uns meses, que se nos facía case imposible de alcanzar, chegara por fin a facerse máis curto, máis doado e sobre todo, un propósito polo que pelexar. Grazas polos ánimos, grazas por non deixarnos caer, grazas por cada palabra de alento. Detrás de cada reunión no concello, detrás de cada reunión cós partidos políticos que tiveron a ben escoitarnos, de cada buzoneo, de cada mail...estabades vós apoiando. A loita continúa, pois non imos descansar ata ver cambiadas as xanelas do noso cole azul. Esta vez, o orgullo está en vós, as nosas mil familias.