Saltar ao contido principal

ESTUDO SOBRE POBREZA ENERXÉTICA - INFORMACIÓN DE INTERESE PARA ÁS FAMILIAS



Estase a realizar un Estudo a nivel estatal sobre Pobreza Enerxética dende unha UTE (Unión Tempral de Empresas) formada por a EAPN, ACA (Asociación de Ciencias Ambientales), a UC3M (Universidade Carlos III de Madrid) e o CSIC (Instituto Eduardo Torroja de la Agencia Estatal del Consejo Superior de Investigaciones Científicas), mediante o cal se pretende mellorar o coñecemento actual sobre a vulnerabilidade enerxética dos fogares. Para tal fin, trátase de recompilar información sobre o consumo e gasto enerxético dos fogares e as principais variables que afectan ao benestar enerxético dos mesmos durante un período de tres anos. Para isto, o estudo require, por unha banda, da medición dos consumos determinantes do confort térmico dunha mostra representativa de fogares, e, por outra, do desenvolvemento de enquisas aos fogares sobre as características das súas vivendas, os seus equipamentos e hábitos de uso enerxético. 
Anexamos unha presentación onde se explica máis detalladamente esta información (IDEA.pdf).

Por qué podería ser beneficioso para as familias? Pois é totalmente gratuito, e ás familias que participan facilítaselles un Kit de eficiencia enerxética, ademais de asesoramento durante eses tres anos sobre o consumo nos seus fogares e a posibilidade de facilitar os trámites e información sobre axudas ao respecto (Bono Social, Axudas para a mellora Enerxética), sempre dende os técnicos do Instituto de Ciencias Ambientais. 

Desde AeA, realizarían as enquisas ás familias interesadas e monitorización con todas as medidas de protección de datos.



Publicacións populares deste blog

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.

INSCRICIÓN NOVOS SOCIOS

O próximo xoves 14 de xullo  ábrense  as inscricións para novos socios á Anpa.. Tedes toda a información no apartado de  TRÁMITES do noso blog.