Saltar ao contido principal

FESTA DO ENTROIDO


Xa chega o entroido e ímos celebralo cunha gran FESTA!

Día: Venres 17 de febreiro 

Lugar: Pavillón dos Rosais

Hora: 16:00 horas a 19:00 horas 

A entrada será de 1€ por persoa adulta e de 0'50€ por cada cativa e cativo.

(É obrigatorio que a cativada estea acompañada dunha persoa adulta. Unha persoa pode estar ao cargo de varios nenos e nenas).

As entradas mercaranse directamente alí, no pavillón.

Está totalmente prohibido comer e beber dentro do recinto.

Serviremos chocolate e biscoito nunhas mesas que habilitaremos fora do pavillón.

Non está permitida a entrada ao recinto sen calzado deportivo.

O alumnado de sexto terá un posto con cousiñas para vender e recadar fondos para a súa excursión de fin de curso, polo cal animamos a todas as familias a colaborar.

Por mor da festa de entroido do vindeiro día 17 de febreiro, cancélanse as actividades extraescolares previstas ese día no pavillón. 

Se algunha familia precisa por conciliación que nos fagamos cargo das súas crianzas, serán atendidas no cole azul en horario habitual da actividade.

Pregamos, para poder organizar os traslados, nos indiquedes o nome das vosas crianzas no caso de elixir esta opción.

Publicacións populares deste blog

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.

INSCRICIÓN NOVOS SOCIOS

O próximo xoves 14 de xullo  ábrense  as inscricións para novos socios á Anpa.. Tedes toda a información no apartado de  TRÁMITES do noso blog.