NACEMENTO ROSALÍA DE CASTRO




Mañá xoves día 23 de febreiro desde Jardanay van conmemorar o nacemento de Rosalía De Castro, unha muller referente para a nosa terra e a nosa literatura, con varias actividades.


Por unha banda, únense á iniciativa “Caldo de Gloria”, posta en marcha pola Fundacion Rosalía de Castro, que promove que establecementos de restauración, xa sexan restaurantes ou comedores colectivos, homenaxeen á autora servindo o caldo galego que ela mesma describiu no seu poema “Miña casiña meu lar”, incluído no libro Follas Novas.


Trátase dun poema precioso, no que unha muller de poucos recursos narra un momento difícil da súa vida diaria, cando chega a casa con fame e frío e, a pesar de que non ten case nada para comer e de non poder contar con axuda dos seus veciños, consegue prepararse un humilde caldo de gloria e un bolo de pote que lle reconforta enormemente. Con algo tan sinxelo, Rosalía consegue reflectir como só ela sabe a capacidade do ser humano de sobrevivir e de ser feliz sen ter demasiado, tan só cun prato humilde e a calor do fogar.

É por isto que mañá xoves 23 de febreiro, en todos os comedores de Jardanay e servizos que dan incluirán o “Caldo de Gloria” no menú, que preparase con repolo como verdura. Serán unhas 7.500 racións de caldo en total :) O resto do menú mantense sen cambios con relación ao planificado.

No seguinte link (https://rosalia.gal/que-facemos/proxectos/caldo-de-gloria/podedes ampliar información sobre o “Caldo de Gloria” da Fundación. Como parte do proxecto, repartirán entre os/as comensais os manteis conmemorativos da iniciativa, onde poderedes ler o poema enteiro.

O día completarase explicando aos nenos e nenas a iniciativa e como unha receita tan sinxela e típica de Galicia converteuse en poema.


Esperamos que pasedes un día estupendo e que dediquedes polo menos uns minutos a dona Rosalía. E se é tomando o noso Caldo de Gloria, pois moito mellor!

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S