UN GRAN DIRECTOR

Queridas familias, Perdemos un dos grandes. Deixa un gran legado e unha lembranza imborrable. GRAZAS XOSÉ MANUEL, NOSO ETERNO DIRECTOR. D.E.P. O despedimos con esta carta que escribiron os seus compañeiros: Este curso despedimos como director a alguén que nos regalou compartindo con todos nós, o seu cariño, a súa paciencia e a súa alegría....Este curso 2018/2019, o noso director Xosé Manuel, renuncia ao cargo. Egoístamente sentímolo moito porque a persoa que dirixiu este trasatlántico que é o CEIP Emilia Pardo Bazán deixa a dirección e quedamos un pouco orfos. Gustaríanos que seguira sendo esa luz que con mestría guiounos estés últimos anos. Pero ao mesmo tempo alegrámonos porque agora lonxe das responsabilidades e desgustos da dirección, poderá facer realidade proxectos que seguramente tivo que deixar aparcados no seu momento, é sobre todo, a súa familia poderá gozar da súa presenza sen ter que compartilo con esa moza, sempre existente, que é a dirección dun colexio de máis...