Normas exhibicións 18 decembro e CESTA NADAL

Boas tardes,

Mañá día 18 celebraranse exhibicións de cociña, baile e teatro. Comezarán as 16:30 pero os nenos/as deben estar no colexio as 16:00 horas.

Os de baile e teatro que asistan a comedor irán ao SUM directamente, pero os de cociña irán ao colexio azul para preparar o seu "prato" 

Do mesmo xeito, os alumnos que veñan dende casa deberán dirixirse ao SUM se son de baile moderno ou teatro, e ao colexio azul se son de cociña.

Ao finalizar as exhibicións entregarase a cesta de Nadal que nos regalou ao Anpa a empresa Axiña e que se regalará ao socio cuxo número coincida co do sorteo da ONCE de hoxe xoves 17 de decembro: o Nº 342




Tamén vos indicamos que recibimos lotería de Nadal da empresa Jardanay,que se toca, evidentemente, se ingresará na conta do Anpa

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S