AMPLIAMOS PRAZO!!! PT e AL: Recollida de sinaturas

PARA FACILITAR A ENTREGA DE SINATURAS LOGO DA PONTE, AMPLIAMOS O PRAZO ATA O XOVES 5 DE NOVEMBRO (INCLUIDO) 

Estimad@s pais/nais,

O NOSO CENTRO E OS NOSOS  NEN@S PRECISAN MÁIS MESTRES DE APOIO!!!!!

Como moitos de vos xa sabedes, o noso colexio precisa máis persoal especializado para poder atender aos nen@s con necesidades educativas especiais.
Nestes momentos temos 63 alumnos con necesidades importantes e 30 que necesitan máis apoio.
Por todo isto, dende a ANPA solicitamos a vosa colaboración facendo un pequeno esforzo: ASINADE ESTA PETICIÓN e entregade as sinaturas que recollades no local do Anpa os próximos días:

-         Xoves 22/10/2015 de 9 a 10
-         Luns 26/10/2015 de 4 a 5
-         Xoves 29/10/2015 de 9 a 10

Ademais, membros da directiva do Anpa e todos aqueles que queiran colaborar como voluntarios solicitarán a vosa sinatura a entrada e saída do centro.


A nosa intención é entregar copia das sinaturas xunto co escrito coa reclamación oportuna na Inspección Educativa, e nas Administracións Públicas competentes (Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Valedor do Pobo, etc)

Deixámosvos a ligazón ao documento de recollida de sinaturas:



Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S