Fotos Magosto 2015

Onte, venres día 6, celebrouse o Magosto do colexio coa colaboración do ANPA. Aproveitamos todos un bo día sen choiva que permitiu que todo saíse perfectamente.



Temos que agradecer sobre todo a colaboración de 6 voluntarias (con "A" maiúscula porque non houbo ningún voluntariO...), a colaboración de directivos do Anpa e como sempre a implicación dos e das docentes e demais persoal do CEIP.

Ademais, contamos tamén coa axuda desinteresada dun membro do Consello Escolar e do Club Deportivo (Angel) que cedeu as grellas para facer as castañas. Por último, a empresa Jardanay tamén nos axudou asando as castañas para os nenos e nenas de Educación Infantil.

Deixámosvos dúas ligazóns con algunhas fotos do Magosto celebrado (do Anpa e da Dirección do Centro) :

https://goo.gl/photos/AzMf37wX6fsrLNCX8

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipemiliapardobazancoruna/galeria/displayimage.php?album=101&pid=3804&slideshow=5000

LOPD: Todas as persoas que aparecen nas fotos deron a súa autorización para o uso da súa imaxe ou a dos seus fillos/as ao centro e ao Anpa. En caso de erro nalgunha das fotos mostradas, enviade un email a milnenos@gmail.com e eliminaremos inmediatamente dita foto do album.

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S