Saltar ao contido principal

Campamento de vacacións de Nadal. Derradeiras prazas

Aínda quedan 2 prazas para a semana do 21 ao 24 de decembro e 7 prazas para a semana do 28 ao 30. 


Os días 31, 4 e 5 de xaneiro non se celebrará o campamento por non existir solicitudes suficientes.

Nesta entrada publicaremos mañá día 17 de novembro a información do campamento de Nadal que se celebrará no colexio azul do CEIP Emilia Pardo Bazán entre os días 21 de decembro de 2015 e 5 de xaneiro de 2016, ambos incluídos (10 días "hábiles": 21-24, 28-31, 4-5).

O formato será "parecido" ao do Campamento de Verán pasado, pero mellorando (cremos) aquelas cuestións que puideron supoñer maiores queixas (servizo de madrugadores garantido, etc) e incluíndo outras melloras que a curta duración deste campamento permite (posibilidade de inscrición por días soltos, etc).


A información completa e "matrícula" remitiranse por mail e publicaranse na web como xa fixemos no verán:


1.- Convocatoria: https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0ek1fekt2d005OW8/view?usp=sharing


2.- Dúbidas e consultas


a) ¿Hai desconto para familias con varios fillos/as inscritos?



Efectivamente hai un desconto para 2º irmán e seguintes do 10% do prezo por actividades que é o que nós xestionamos

Desta forma o 1º pagaría 7 euros/día, e o 2º e seguintes 6,30 euros/día

b) ¿Cal é o prezo do seguro/día?

1 euro/día por cada un dos nenos/as inscritos
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Aos efectos do campamento consideraranse socios/as a aqueles que estean dados de alta con data 16/11/2015

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.