Poe e Deporte no centro. Xaneiro 2016

Dende a federación de Anpas comunican que, no mes de decembro os nenos que están inscritos nas escolas do programa Deporte no centro e no Programa de Ocio Educativo(P.O.E) deberán facer os pagos das cotas correspondentes a cada un dos programas para a súa continuidade no mes de xaneiro.

O prazo para que nos enviedes a documentación é o día 17 de decembroA estos efectos deberá pasarse ata esa data polo local del Anpa no seu horario de xoves e luns para pagar a cota correspondente ou para indicar o número de conta ao que debe cargarse o cobro correspondente.

As cotas do programa Deporte no centro de xaneiro a maio/xuño 2016 son as seguintes:

FAMILIAS DE…..
COTAS  (xaneiro a maio/xuño 2016)
1 Fillo/a
20,00 €  por cada actividade
2 Fillo/as
16,00 €  por cada actividade e fillo/a
3 Fillo/as
14,00 €  por cada actividade e fillo/a
Máis de 3 fillo/as
12,00 € por cada actividade e fillo/a

As cotas trimestrais do P.O.E  (xaneiro a marzo 2016):

Segundo o nº asistencia días á actividade
COTAS (xaneiro a marzo 2016)
5 días/semán
30,00 €
4 días/semán
25,00 €
3 días/semán
20,00 €
2 días/semán
15,00 €
1 día/semán
10,00 €

No POE manterase as becas do POE para os nenos que teñan concedida a beca municipal de comedor escolar, como no período de outubro a decembro de 2015 (75% beca POE se teñen concedida ata 75 € na beca de comedor e o 100% da cota do POE se a beca comedor é de 98 €.

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S